InicioMOV. SOCIAISGuía para gozar do Orgullo 2023 na Coruña

Guía para gozar do Orgullo 2023 na Coruña

Publicada o

Por europapress

A concelleira da área de Benestar Social da Coruña, Yoya Neira, presentou este luns o cartel e o programa de actividades que organiza o consistorio para celebrar o Orgullo 2023, que inclúe catro semanas de actividades culturais e divulgativas.

“O cartel deste ano resume perfectamente como celebra esta cidade esta festa de visibilización e reivindicación LGTBI+: o noso Orgullo é tan grande que nos falta espazo para expresalo”, dixo Neira, que considerou esta celebración “un referente cultural do noroeste do país”.

MANIFESTACIÓN

Os colectivos organizan unha manifestación na Praza de Ourense a partir das 19:30h.

Dia Orgullo Manifestacion Coruna 2023

PROGRAMA

Este ano haberá cinema, talleres, literatura, unha exposición fotográfica e, de novo, a feira de entidades LGTBI+, “un punto de encontro e de información que demostra a solidez e a variedade dos distintos grupos e asociacións que loitan na cidade pola igualdade efectiva e o recoñecemento da diversidade”, explicou a edil.

A concelleira subliñou que esta programación se completa co festival Atlantic Pride, que do 2 ao 9 de xullo ofrecerá concertos no seu tres sedes: a Fundación Luís Seoane, a praza de Pontevedra e os xardíns de Méndez Núñez. Este último espazo contará este ano, por primeira vez, cun punto violeta, como o resto das xornadas festivas que teñen lugar na cidade durante o verán.

A bandeira do orgullo xa está colocada na Domus desde o pasado día 16, pero o comezo das actividades será a manifestación do próximo mércores, día 28. O venres 30 comezarán as actividades coa inauguración, na rúa Compostela, da exposición ‘Álbum familiar’, da fotógrafa coruñesa Lestonnac Ibáñez, que conmemora os 18 anos do matrimonio igualitario en España.

O mesmo día, pola tarde, o barrio do Ventorrillo desenvolverá o seu primeiro ‘Ventorrillo orgulloso’, unha iniciativa veciñal que, co apoio do Concello, utiliza a arte e a festa para contribuír á visibilización do colectivo LGTBI+. Ente as actividades programadas, os propios veciños pintarán coas cores da bandeira LGTBI+ algúns dos bancos do barrio.

LITERATURA, ACTIVISMO E CINEMA

A literatura será un ano máis protagonista da man de ‘Librarías Orgullosas’, un proxecto consolidado que aglutina a 12 establecementos da cidade. Os autores Neé Barros e Luís Maura presentarán as súas últimas obras os días 5 e 6 de xullo nas librarías Nobel e Berbiriana, respectivamente.

O sábado 15 será o día do activismo e a celebración. Pola mañá, as asociacións LGTBI da cidade programan na praza de Lugo a Feira de Entidades, nas que ofrecerán información e divulgación desde as 10,30 horas. Ás 13,00 horas terá lugar a actuación musical dos coros Coruña Cores e Cantabile.

O sábado pola tarde, a partir das 20,00 horas, na Fundación Luís Seoane, celebrarase a festa do Orgullo lésbico que este ano leva como lema ‘Marcelas e Elisas’. Haberá un concerto de LaNegri e unha sesión DJ a cargo da DJ Lola a Yaya.

O cinema é outro dos pratos fortes da programación. Os días 18, 19 e 20 de xullo proxectaranse ao aire libre na praza de España/Campo da Leña tres filmes de temática LGTBI+ dentro do ciclo ‘Cinema con Orgullo’. A primeira das proxeccións será ‘20.000 especies de abellas’, de Estíbaliz Urresola, á que se suma a arxentina ‘Cros Dreamers’ e ‘Alex&Munchie’, da directora e activista galega Carmen P.G Granxeiro.

A programación complétase con dous talleres no Espazo Diverso do centro cívico da Cidade Vella: un a cargo de Lucinda Rei Escribano baixo o título ‘É un orgullo romper os meus medos contigo’, que terá lugar o día 13 de xullo, e un taller de debuxo de Greta Debelius o día 22.

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...